Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7   Imagen 2 de 7  

    A EGAP reforzará a formación dos empregados públicos sobre xestión de fondos europeos e protección de datos persoais

    A Escola / Martes, 19 de Xullo de 2022.

    A Xunta de Galicia ten previsto incrementar durante o próximo semestre as actividades formativas para persoal empregado público sobre xestión de fondos europeos e protección de datos persoais.


    O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, presidiu esta mañá a reunión do Consello Reitor da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), na que se anunciou a próxima convocatoria dunha xornada e dun webinario sobre o Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, do Curso superior de protección de datos persoais e da xornada Os retos xurídicos da protección de datos no ámbito sanitario.

    Durante a reunión, na que tamén participou a directora da Escola, Sonia Rodríguez-Campos, fíxose balance do primeiro semestre do ano, período no que se convocaron 756 actividades e 39.600 prazas, dirixidas principalmente ao persoal das administracións galegas. Neste sentido, destacouse o incremento dos cursos de formación continua respecto da previsión inicial, grazas a unha convocatoria extraordinaria con 1.700 prazas, impulsada debido ao elevado número de solicitudes rexistrado nos cursos.

    Por outra banda, avanzáronse as actividades previstas ata o final do ano, entre as que destacan novos webinarios nos ciclos de conferencias Presente e futuro do emprego público na Administración post Covid e Novidades lexislativas no ámbito económico, e, dentro do Universo EGAP Innova, a creación dun novo e-martes sobre o marco galego de competencias dixitais e de comunidades de prácticas en materia de persoal e contratación pública.

    Finalmente, tamén se anunciaron as actividades do segundo semestre do Instituto de Economía Pública de Galicia (IEP). Así, a partir de setembro impartiranse o curso superior Xestión estratéxica da economía pública de Galicia, o curso superior Auditoría no sector público, o Obradoiro avanzado sobre contratación pública de innovación, o webinario O papel da Administración no actual contexto socioeconómico e a xornada Política económica no marco das novas crises. 
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 1047 de 1224
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212