Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Curso superior en protección de datos

    A Escola / Venres, 26 de Agosto de 2022.

    Grazas ao convenio de colaboración asinado entre a Escola Galega de Administración Pública (en diante EGAP) e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) convócase o Curso superior en protección de datos que comezará o 26 de setembro. 


    Obxectivos do curso:
    • Concienciar ao alumnado na relevancia e importancia do dereito fundamental á protección de datos persoais dende unha perspectiva normativa e práctica, dotándoo de coñecementos e boas prácticas para dar cumprimento aos principios e obrigas establecidas pola normativa vixente, respectar os dereitos das persoas interesadas polo tratamento dos seus datos persoais e xestionar adecuadamente posibles incidentes que poidan xurdir nas distintas fases do devandito tratamento.
    • Abordar os principios básicos de seguridade e as medidas que cumpre implantar nos sistemas de información desde a perspectiva do risco e en base ao disposto no Regulamento xeral de protección de datos (RXPD) e no Esquema Nacional de seguridade (ENS).
    • Proporcionar ao alumnado unha visión global da protección de datos persoais, das funcións e responsabilidades correspondentes aos diferentes roles que interveñen no tratamento dos datos persoais, e do papel que desenvolven as autoridades de control como a Axencia Española de Protección de Datos. 
    Prazas: 70
    Persoas destinatarias: o persoal empregado público en situación de servizo activo ou asimilada, da Administración xeral da comunidade autónoma de Galicia e das súas entidades públicas instrumentais; e da Administración institucional, da Administración local, e das universidades do Sistema universitario de Galicia, que se encadren nas seguintes categorías:

    • Grupo A (subgrupos A1 e A2) do persoal funcionario.
    • Grupos I e II do persoal laboral.

    No caso de non cubrir a totalidade das prazas convocadas, as vacantes que resulten poderán cubrirse por persoal empregado público en situación de servizo activo ou asimilada, do subgrupo C1 do persoal funcionario ou do grupo III, do persoal laboral.
    Para o mellor aproveitamento do curso, recoméndase que as persoas participantes conten con algún coñecemento previo da materia.

    Horas: 106 horas lectivas (1 sesión presencial cunha duración de 3 horas, 10 sesións de telepresenza de 3 horas cada unha, 72 horas de traballo de teleformación e 1 hora como máximo para o exame final en liña).
    Modalidade: a impartición do curso será mixta, cunha sesión presencial inicial (o 26 de setembro de 11:30 a 14:30h), sesións de telepresenza (os mércores de 16 a 19h entre o 28 de setembro e o 14 de decembro) e teleformación. O exame final será realizado a distancia o luns 19 de decembro ás 16:00h.
    Matrícula: o prazo para a inscrición permanecerá aberto desde as 08:00 horas do día seguinte á publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata as 23:55 horas do día 18 de setembro de 2022.
  • Recursos
  •   Matrícula  
  •   Resolución no DOG  
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 1048 de 1198
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212