Cursos para persoal dos entes instrumentais do sector público autonómico
Cursos / Xoves, 1 de Setembro de 2022.
A EGAP convoca accións formativas dirixidas ao persoal das seguintes entidades: Sociedade Pública de Investimentos de Galicia, S.A. (SPI Galicia), Fundación Cidade da Cultura de Galicia (FCC), Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga), Sociedad Gestora de Entidades de Inversión de Tipo Cerrado, S.A.U. (Xesgalicia), Galicia Calidade, S.A.U., Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A. (CRTVG), Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A. (Sogama) e Redes de Telecomunicación Galegas (Retegal, S.A.).
Matrícula: desde as 9 horas do 2 de setembro ata as 14 horas do 12 de setembro na área de matrícula da EGAP.