Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Curso de formación sobre plans de autoprotección por incendios forestais

    Cursos / Mércores, 7 de Setembro de 2022.

    De acordo co convenio de colaboración entre a Escola Galega de Administración Pública e a Central Sindical Independente e de Funcionarios de Galicia (CSIF Galicia) convócase un curso dirixido ao persoal empregado público da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia que estea en servizo activo no prazo de presentación de solicitudes ou que estivese prestando servizos durante o ano 2022 en actividades principais ou auxiliares na defensa, prevención e/ou extinción de incendios forestais, tales como peóns/oas forestais, bombeiros/as forestais, condutores/as de motobomba, emisoristas e vixilantes fixos.


    Matrícula: desde as 8 horas do 8 de setembro ata as 14 horas do 19 de setembro na área de matrícula da EGAP. 

    Localidades e datas:
    • A Coruña (I): de luns a mércores, 3, 4 e 5 de outubro. Horario: das 16.00 ás 21.20 h. Lugar: avda. As Fresas de Eirís, 5, baixo, 15009 A Coruña.
    • A Coruña (II): de luns a mércores, 17, 18 e 19 de outubro. Horario: das 9.00 ás 14.20 h. Lugar: avda. As Fresas de Eirís, 5, baixo, 15009 A Coruña.
    • Lugo: de mércores a venres, 28, 29 e 30 de setembro. Horario: das 9.00 ás 14.20 h. Lugar: rúa Conde, 2, baixo posterior, 27003 Lugo.
    • Ourense: de luns a mércores, 17, 18 e 19 de outubro. Horario: das 16.00 ás 21.20 h. Lugar: rúa Progreso, 141, 32003 Ourense.
    • Pontevedra (I): de xoves a sábado, 20, 21 e 22 de outubro. Horario: das 9.00 ás 14.20 h. Lugar: rúa Marqués Riestra, 18, entresollado, 36001 Pontevedra.
    • Pontevedra (II): de mércores a venres, 26, 27 e 28 de outubro. Horario: das 9.00 ás 14.20 h. Lugar: rúa Marqués Riestra, 18, entresollado, 36001 Pontevedra.
    • Santiago: xoves a luns, 6, 7 e 10 de outubro. Horario: das 9.00 ás 14.20 h. Lugar: rúa Salgueiriños de Abaixo, 7, baixo, 15703 Santiago de Compostela.
  • Recursos
  •   Matrícula  
  •   Resolución no DOG  
  •   Ficha do curso  
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 1054 de 1198
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212