A Escola convoca dúas actividades en teleformación en materia de economía pública
          
          A Escola / Mércores,  7 de Setembro de 2022.
          
          A Escola Galega de Administración Pública, a través do Instituto de Economía Pública de Galicia, convoca os cursos Política orzamentaria e desenvolvemento normativo e Retos públicos en materia económica, dirixidos ambos os dous ao persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das súas entidades públicas instrumentais, da Administración institucional de Galicia, das entidades locais de Galicia e de administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia. 
          Matrícula: desde as 8 horas do 8 de setembro ata as 23.55 horas do 12 de setembro na área de matrícula da EGAP. 
Actividades convocadas: