Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    A Xunta consolida unha administración dixital máis eficaz e eficiente a través da formación dos empregados públicos

    Cursos / Martes, 13 de Setembro de 2022.

    Esta mañá deu inicio o curso superior de administración electrónica, unha actividade que acadou unha demanda un 700% superior ao número de prazas ofertadas o cal pon de manifesto o interese da iniciativa por parte do persoal empregado público galego.


    A actividade inaugurada hoxe vai dirixida a formar ao alumnado no emprego das ferramentas propias da administración electrónica, co obxectivo último de avanzar cara a unha Administración aberta, máis transparente e colaborativa que favoreza a participación da cidadanía e ofreza mellores servizos públicos.

    Así o expresou a directora da Escola durante a inauguración da actividade, na que tamén incidiu na importancia da reciclaxe profesional e da adquisición de novas competencias por parte do persoal empregado público para adaptarse aos cambios tecnolóxicos e dos procesos de traballo.

    Durante as sete semanas de docencia, este curso superior afondará en materias específicas como o réxime xurídico da administración dixital, o funcionamento da sede e o rexistro electrónicos, a seguridade da información, a cooperación interadministrativa, a automatización dos procesos ou a identidade dixital, entre outros. Todos estes contidos contribuirán a mellorar o servizo ofrecido polo persoal empregado público á cidadanía.

    A formación en TIC, administración electrónica e protección de datos da Xunta

    Ante a relevancia estratéxica desta materia, a EGAP, en colaboración coa Amtega, reforzou nos últimos anos a formación en tecnoloxías da información e da comunicación, administración electrónica e protección de datos. Grazas a esta medida, o persoal empregado público ten acceso a un completo programa neste eido, o cal en 2022 supuxo a convocatoria de máis de 3800 prazas distribuídas en 88 cursos.

    Este programa anual, compleméntase coa iniciativa Universo EGAP Innova, a cal, a través dos e-martes ofrece xornadas de formación práctica presencial ao persoal empregado público da Administración autonómica galega e á cidadanía sobre as transformacións tecnolóxicas, organizativas e lexislativas derivadas da administración electrónica. 
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 1056 de 1240
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212