Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Curso superior sobre auditoría no sector público

    Cursos / Xoves, 22 de Setembro de 2022.

    A Escola Galega de Administración Pública, a través do Instituto de Economía Pública de Galicia, convoca un curso dirixido a afondar no coñecemento, desde unha perspectiva aplicada, dunha das principais técnicas de control da xestión pública. En particular, preténdese proporcionar os instrumentos necesarios para desenvolver auditorías eficaces no seo das administracións. Para tal fin, analizarase todo o proceso dunha auditoría desde a súa planificación ata a execución do traballo e a elaboración de informes, a difusión dos seus resultados e o seguimento de recomendacións.


    Persoas destinatarias: o persoal empregado público dos subgrupos A1 e A2 que presten servizos no Consello de Contas, na Intervención Xeral da Comunidade Autónoma (IXCA) e nas intervencións das entidades locais de Galicia.
    Modalidade: presencial.
    Duración: 42 horas.
    Datas: desde o 5 de outubro ao 30 de novembro, os mércores (salvo o mércores 12 de outubro e o 9 de novembro) en horario de mañá das 11.30 ás 14.30 horas e de tarde das 16.00 ás 19.00 horas.
    Prazas: 70
    Solicitudes: desde as 9 horas do 23 de setembro ata as 23.55 horas do 27 de setembro na área de matrícula. 

  • Recursos
  •   Matrícula  
  •   Resolución no DOG  
  •   Ficha do curso  
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 1059 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212