Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    A Xunta destaca a formación en auditoría do sector público para garantir unha Administración máis transparente, eficaz e eficiente

    Cursos / Mércores, 5 de Outubro de 2022.

    O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos López-Prado, inaugurou hoxe na Escola Galega de Administración Pública en Santiago de Compostela o curso superior Auditoría no sector público, organizado pola EGAP en colaboración co Consello de Contas de Galicia.


    Miguel Corgos estivo acompañado na inauguración pola directora da EGAP, Sonia Rodríguez-Campos; o conselleiro da Área Institucional do Consello de Contas de Galicia, Anxo Ramón Calvo Silvosa, e o interventor e auditor-director técnico en funcións do Consello de Contas de Galicia e director do curso, Ulpiano Villanueva Rodríguez.

    Na súa intervención, Sonia Rodríguez-Campos destacou a relevancia da formación no campo da auditoría e o control para “seguir avanzando tanto na transparencia da Administración pública como na claridade e relevancia da información que debe ofrecer da actividade á cidadanía”. 

    A directora da EGAP resaltou o alto nivel dos relatores deste curso superior, que reunirá durante dous meses a destacados expertos nacionais e autonómicos do ámbito do control público interno e externo para analizar os instrumentos necesarios para desenvolver auditorías, dun xeito eficaz, no seo das administracións públicas.

    Ademais puxo en valor a importancia das auditorías no sector público “como unha das principais técnicas de control da xestión pública para lograr unha Administración máis eficaz e transparte e unha correcta rendición das contas públicas”.

    A directora da EGAP apelou á confianza da sociedade na labor do sector auditor e dos organismos encargados do control e da supervisión das contas públicas.“É moi importante traballar de forma conxunta, tanto os órganos de control interno coma externo, para fortalecer a confianza na auditoría e reforzar a transparencia e a solidez dos mecanismos de control como garantía para o cidadán dun correcto funcionamento das institucións públicas”.

    Este curso está encadrado nas actividades do Instituto de Economía Pública de Galicia (IEP), creado o pasado ano ao amparo do convenio de colaboración entre a Consellería de Facenda e Administración Pública e a EGAP.

    No curso, dirixido aos empregados/as públicos/as do Consello de Contas de Galicia e aos interventores das Administracións autonómica e local, profundarase sobre todo o proceso dunha auditoría, desde a súa planificación e metodoloxía ata a execución do traballo e a elaboración dos informes, a difusión dos seus resultados e o seguimento das recomendacións. Así mesmo, preténdese ofrecer unha visión dos distintos tipos de auditorías e as especificidades da súa aplicación nas distintas áreas de xestión.

    A ciberseguridade, os Fondos Europeos e do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia e a xestión e avaliación das políticas públicas serán as áreas destacadas en materia de auditoría que se estudarán no curso, dirixido Ulpiano Villanueva Rodríguez.
    Tamén se tratatarán as auditorías de sistemas, de cumprimento das principais áreas de gasto e ingreso e o control de empresas públicas, fundacións e outras entidades instrumentais.
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 1063 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212