Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Conferencia A xestión de fondos do instrumento europeo de recuperación: marco xurídico-administrativo

    Xornadas / Xoves, 13 de Outubro de 2022.

    O próximo 21 de outubro ás 12 horas terá lugar na Escola Galega de Administración Pública unha conferencia impartida por Ricardo Rivero Ortega, catedrático de Dereito Administrativo, sobre xestión de fondos do instrumento europeo de recuperación. 


    O instrumento europeo de recuperación e a súa tradución no Plan español de recuperación e resiliencia abren oportunidades de financiamento de proxectos en todos os niveis administrativos. Para a súa correcta execución, é preciso coñecer as múltiples normas aplicables, as mellores opcións organizativas e procedementais de xestión, os controis e cautelas que se adopten e os riscos que deben ser evitados para evitar expedientes de devolución no futuro.

    Os obxectivos que se perseguen con esta conferencia son:
    • Dar a coñecer de maneira sistemática o conxunto de normas que deben ser aplicadas na execución dos fondos.
    • Facilitar as decisións organizativas e procedementais na xestión dos fondos.
    • Formar sobre as responsabilidades e controis que deben ser tidos en conta.
    • Advertir acerca dos riscos do incumprimento e as súas consecuencias.
    Persoas destinatarias: o persoal empregado público en situación de servizo activo ou asimilada, da Administración autonómica galega e das súas entidades públicas instrumentais; da Administración institucional, da Administración local e das universidades do Sistema universitario de Galicia; e a profesionais e persoas interesadas en xeral.
    Lugar: salón de actos da EGAP, rúa Madrid, 2-4, Santiago de Compostela.
    Modalidade: presencial.
    Data: 21 de outubro de 2022.
    Horario: 12.00 horas.
    Horas lectivas: 2.
    Número de prazas: limitado pola capacidade do local.
    Inscrición: desde as 9 horas do 14 de outubro ata as 23.55 horas do 19 de outubro na área de matrícula. 
  • Recursos
  •   Matrícula  
  •   Resolución no DOG  
  •   Ficha da actividade  
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 1066 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212