Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Webinario A Lei 6/2021, do 17 de febreiro, de residuos e solos contaminados de Galicia

    Xornadas / Xoves, 20 de Outubro de 2022.

    Seguindo as premisas da normativa europea, o Consello da Xunta de Galicia aprobou o 12 de decembro de 2019 a Estratexia galega de economía circular 2020-2030. Posteriormente, a Lei 6/2021, do 17 de febreiro, de residuos e solos contaminados de Galicia, incorpora como principios inspiradores a economía circular e a loita contra o cambio climático. Este webinario quere dar a coñecer a citada e lei, que ten por obxecto, ademais de regular o réxime xurídico dos solos contaminados, a regulación da produción e xestión sostible dos residuos, potenciando medidas que preveñan a súa produción e diminúan os impactos adversos sobre a saúde humana e o ambiente, vencellados á súa xeración e xestión, ao tempo que se fomenta o uso sustentable dos recursos e a transición a unha economía circular e baixa en carbono no territorio de la Comunidad Autónoma de Galicia.


    Persoas destinatarias: o persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, da Administración autonómica galega e das súas entidades públicas instrumentais e da Administración institucional; da Administración local e das universidades do Sistema universitario de Galicia.
    Data: venres 28 de outubro de 2022
    Modo de impartición: telepresenza
    Horario: das 12.00 ás 14.00 horas
    Duración: 2 horas lectivas
    Prazas: 100
    Inscrición: desde as 8 horas do 21 de outubro ata as 23.55 horas do 25 de outubro na área de matrícula da EGAP. 
  • Recursos
  •   Matrícula  
  •   Resolución no DOG  
  •   Ficha da actividade  
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 1067 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212