Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    II Curso de cuestións de actualidade e relacións de colaboración con axentes implicados na disciplina urbanística

    Cursos / Luns, 24 de Outubro de 2022.

    A Escola Galega de Administración Pública, en colaboración coa Axencia de Protección da Legalidade Urbanística convoca a segunda edición do Curso de cuestións de actualidade e relacións de colaboración con axentes implicados na disciplina urbanística coa finalidade de avaliar as principais novidades normativas na materia desde o enfoque da práctica diaria, clarificar as relacións entre suxeitos que operan na defensa da ordenación do territorio, do urbanismo e do litoral e obter a visión dos diferentes axentes que colaboran para o exercicio das súas respectivas potestades e competencias.


    Persoas destinatarias: esta actividade está dirixida preferentemente ao persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU) e demais persoal das entidades adscritas á dita consellería, así como ao persoal técnico e xurídico de concellos adheridos á APLU que desenvolvan funcións relacionadas coa materia urbanística, que se encadren nalgunha das seguintes categorías:
    • Grupo A (subgrupos A1 e A2) do persoal funcionario.
    • Grupos I e II do persoal laboral.
    No caso de non se cubrir a totalidade das prazas convocadas, ás vacantes que resulten poderá acceder o persoal empregado público das ditas categorías, en situación de servizo activo ou asimilada, das administracións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia, con interese na materia.
    Lugar: Escola Galega de Administración Pública (EGAP), rúa de Madrid, 2-4, Santiago de Compostela.
    Modalidade: presencial.
    Datas: 14, 15 e 16 de novembro de 2022.
    Horario: de mañá e tarde.
    Horas lectivas: 16.
    Prazas: 150
    Inscrición: desde as 9 horas do 25 de outubro ata as 23.55 horas do 4 de novembro na área de matrícula da EGAP. 
  • Recursos
  •   Matrícula  
  •   Resolución no DOG  
  •   Ficha do curso  
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 1070 de 1208
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212