Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7   Imagen 2 de 7  

    A autonomía de Galicia será analizada no próximo número da revista Administración&Cidadanía

    Publicacións / Xoves, 15 de Decembro de 2022.

    Esta tarde reuniuse, de xeito presencial na Escola Galega de Administración Pública e tamén a través de videoconferencia, o Consello de redacción da revista Administración&Cidadanía para aprobar os contidos do volume 17 número 1, no cal se analizará a Autonomía de Galicia desde diferentes perspectivas. 


    O próximo exemplar da revista incluirá catro artigos sobre esta temática asinados por Roberto Blanco Valdés, catedrático de Dereito Constitucional da Universidade de Santiago de Compostela; Fernando González Laxe, catedrático de Economía Aplicada da Universidade da Coruña; Xosé Antón Sarmiento Méndez, profesor asociado de Dereito Administrativo da Universidade de Santiago de Compostela; e María Teresa Ponte Iglesias, catedrática de Dereito Internacional Público e Relacións Internacionais da Universidade de Santiago de Compostela.

    O número completarase cunha nota sobre a racionalidade do votante rural, elaborada por Luis Barreiro Castro, funcionario do Corpo Superior da Administración de la Xunta de Galicia, e cunha recensión do libro Blockchain y automatización de procedimientos en la Administración Pública redactada por María Victoria Álvarez Buján, PDI na Universidad Internacional de La Rioja.

    Todos estes contidos poderán ser consultados de balde na edición electrónica da Revista Galega de Administración Pública, no enderezo https://egap.xunta.gal/revistas/AC.  
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 1078 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212