Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    O papel da Administración no actual contexto socioeconómico

    Xornadas / Mércores, 14 de Decembro de 2022.

    O papel do dereito administrativo e da Administración pública evolucionou desde a súa orixe coas revolucións constitucionalistas de finais do século XVIII ata a actualidade. Tras unha tripla crise (económica, sanitaria e bélica) nesta segunda década do século XXI asistimos a unha nova etapa do Estado garante: a Administración «facilitadora», que debe esforzarse por apoiar e simplificar as actividades do sector privado, redundando con iso tamén na consecución dos intereses públicos. No relatorio expoñeranse múltiples exemplos e manifestacións desta nova posición da Administración e do mercado, que xa non poden verse como inimigos, senón como aliados, así como outros desafíos relevantes da Administración no mundo contemporáneo.


    Persoas destinatarias: o persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, da Administración autonómica galega, das súas entidades públicas instrumentais e da Administración institucional; da Administración local e das universidades do Sistema universitario de Galicia.
    Data: mércores 21 de decembro de 2022.
    Modo de impartición: telepresenza.
    Horario: das 12.00 ás 14.00 horas.
    Duración: 2 horas lectivas.
    Número de prazas: 100
    Inscrición: desde as 9.00 horas do 15 de decembro ata as 23.55 horas do día 16 de decembro de 2022 na área de matrícula da EGAP. 
  • Recursos
  •   Matrícula  
  •   Resolución no DOG  
  •   Ficha da actividade  
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 1077 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212