Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Webinario O emprego público laboral á luz das reformas de 2021

    Xornadas / Mércores, 18 de Xaneiro de 2023.

    O próximo 26 de xaneiro terá lugar un webinario dirixido a dar a coñecer as importantes novidades introducidas no emprego público laboral a raíz do Real decreto lei 32/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a reforma laboral, a garantía da estabilidade no emprego e a transformación do mercado de traballo, e da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, así como atender aos últimos pronunciamentos xudiciais en materia de persoal ao servizo das administracións públicas.


    Persoas destinatarias: o persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, da Administración autonómica galega, das súas entidades públicas instrumentais e da Administración institucional, da Administración local, da Administración de xustiza e das universidades do Sistema universitario de Galicia.
    Data: 26 de xaneiro de 2023. (Aprazado. Pendentes de concretar nova data.)
    Modo de impartición: telepresenza.
    Horario: das 12.00 ás 14.00 horas.
    Duración: 2 horas lectivas.
    Prazas: 100
    Inscrición: desde as 9.00 horas do 19 de xaneiro ata as 23.59 horas do día 23 de xaneiro na área de matrícula da EGAP.
  • Recursos
  •   Matrícula  
  •   Resolución no DOG  
  •   Ficha do webinario  
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 1083 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212