Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Convocada a XXVI edición do Premio Manuel Colmeiro

    Investigación / Luns, 23 de Xaneiro de 2023.

    A Consellería de Facenda e Administración Pública convoca unha nova edición do Premio Manuel Colmeiro, un certame creado coa finalidade de fomentar e distinguir traballos de estudo e investigación sobre as administracións territoriais, institucionais e os entes publicos instrumentais do sector público da Comunidade Autónoma.


    Persoas destinatarias: persoas individuais ou grupos de traballo de calquera nacionalidade dos Estados membros da Unión Europea. Gardarase reserva sobre a identidade de cantas persoas participen no premio e unicamente serán obxecto de publicidade o nome e os apelidos da persoa ou persoas gañadoras.
    Dotación económica: 3.500 euros. No caso de que o traballo premiado o presentase máis dunha persoa, a dotación económica do premio distribuirase proporcionalmente entre todas as persoas integrantes do grupo de traballo.
    Traballos de investigación:
    • Os traballos serán orixinais (isto é, provirán directamente do seu autor, sen ser imitación, tradución ou copia doutra obra), inéditos e non premiados con anterioridade. Teranse por inéditos aqueles traballos que non fosen obxecto de divulgación ou publicación nos termos da lexislación de propiedade intelectual. 
    • Os traballos, escritos nalgunha das dúas linguas cooficiais da Comunidade Autónoma, presentaranse en formato A4, da fonte Times new roman, tamaño 12 e mecanografados a dobre espazo, e terán unha extensión mínima de 100 páxinas. 
    • Poderán versar sobre a organización, estrutura, funcións, ámbitos competenciais e/ou actividades administrativas e de servizo público de calquera das administracións a que se refire a base primeira. A investigación poderá ser realizada desde calquera perspectiva, xa sexa histórica, xurídica, administrativa, política, sociolóxica, económica ou de xénero. 
    • Cada persoa individual ou grupo de traballo poderá presentar un único traballo. No caso de presentarse máis dun traballo, será requirida polo órgano de instrución para que aclare cal dos traballos é o que desexa presentar ao premio, quedando os demais automaticamente desbotados.
    Forma e lugar de presentación das solicitudes e traballos: as solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. Co obxecto de garantir o anonimato, nos traballos de investigación presentados non figurará ningún dato persoal da persoa autora deles, senón unicamente o título na primeira páxina. Así mesmo, o dito traballo será presentado nun arquivo independente ao do resto da documentación. 
    Prazo de presentación das solicitudes e dos traballos: desde o 24 de xaneiro ata o 16 de outubro de 2023.
  • Recursos
  •   Resolución no DOG  
  •   Formulario da sede electrónica  
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 1084 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212