Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Cursos de especialización de conversa en inglés financeiro e da empresa

    Cursos / Martes, 24 de Xaneiro de 2023.

    A Escola Galega de Administración Pública (EGAP), a través dun protocolo de colaboración co Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), convoca cursos de especialización de conversa en inglés financeiro e da empresa dirixidos en exclusiva ao persoal laboral e funcionario con destino no Igape.


    Actividades convocadas:
    • CV23001. Especialización de conversa en inglés financeiro e da empresa
    Modalidade: presencial
    Edición Santiago 1: nivel medio. Datas: do 13 de febreiro ao 15 de maio. Luns e martes. Horario: das 8.15 a 9.15 horas. Proba final: o día 15 de maio.
    Edición Santiago 2: nivel superior. Datas: do 13 de febreiro ao 15 de maio. Mércores e xoves. Horario: das 8.15 ás 9.15 horas. Proba final: o día 15 de maio.
    • CV23002. Especialización de conversa en inglés financeiro e da empresa
    Modalidade: telepresenza
    Edición Santiago 1: nivel medio. Datas: do 13 de febreiro ao 15 de maio. Luns e martes. Horario: das 8.15 ás 9.15 horas. Proba final: o día 15 de maio.
    Edición Santiago 2: nivel superior. Datas: do 13 de febreiro ao 15 de maio. Mércores e xoves. Horario: das 8.15 ás 9.15 horas. Proba final: o día 15 de maio.

    Matrícula: desde as 8 horas do 25 de xaneiro ata as 23.55 horas do 2 de febreiro na área de matrícula da EGAP 
  • Recursos
  •   Matrícula  
  •   Resolución no DOG  
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 1086 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212