Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Convocatoria dos cursos de linguaxe administrativa e xurídica galega

    Cursos / Mércores, 25 de Xaneiro de 2023.

    A EGAP convoca un total de 30 edicións e 750 prazas en teleformación de cursos de linguaxe administrativa e xurídica galega, dirixidas ao persoal empregado público destinado nas administracións territoriais, institucionais e entes públicos instrumentais do sector público da Comunidade Autónoma de Galicia, así como ao persoal da Administración de xustiza de Galicia e ao PAS das universidades galegas.


    Requisitos de acceso: é necesario ter validado ou superado, na data de publicación desta resolución, algún dos cursos que se indican a seguir:
    • Para optar ao curso superior: O curso medio de linguaxe xurídica galega, ou o curso medio de linguaxe administrativa galega ou calquera dos cursos equivalentes a estes que se establecen no artigo 5.2 da Orde do 13 de xuño de 2011 pola que se regulan os cursos de linguaxe administrativa e xurídica galegas (DOG núm. 121, do 24 de xuño).
    • Para optar ao curso medio: O Celga 4, ou os cursos de iniciación e perfeccionamento de lingua galega, ou o curso básico de linguaxe administrativa galega, ou o curso básico de linguaxe xurídica ou o curso básico de linguaxe administrativa sanitaria, segundo se establece no artigo 3.4 da Orde do 13 de xuño de 2011 pola que se regulan os cursos de linguaxe administrativa e xurídica galegas (DOG núm. 121, do 24 de xuño).
    Solicitudes: desde as 8 horas do 26 de xaneiro ata as 14 horas do 7 de febreiro na área de matrícula da EGAP. Cada persoa só poderá solicitar unha edición dos cursos convocados. 
  • Recursos
  •   Matrícula  
  •   Resolución no DOG  
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 1087 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212