Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Webinario A Lei 1/2022, do 12 de xullo, de mellora da xestión do ciclo integral da auga

    Xornadas / Luns, 13 de Febreiro de 2023.

    O próximo 22 de febreiro terá lugar un webinario dirixido a dar a coñecer a recente Lei 1/2022, do 12 de xullo, de mellora da xestión do ciclo integral da auga, que vén completar o marco normativo vixente en materia de augas naComunidade Autónoma de Galicia. Esta lei, que aborda por primeira vez a xestión do ciclo integral da auga no territorio galego, ditouse co obxecto de establecer unha regulación que reforza o apoio aos concellos nas súas competencias de abastecemento, saneamento e depuración das augas, e crear un novo modelo de xestión que pretende garantir a calidade dos servizos aos cidadáns, a eficiencia na explotación das infraestruturas e a viabilidade económica dos sistemas.


    Persoas destinatarias: persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, da Administración autonómica galega, das súas entidades públicas instrumentais e da Administración institucional, así como ao persoal empregado público da Administración local de Galicia.
    Data: mércores 22 de febreiro de 2023.
    Modalidade: telepresenza.
    Horario: das 12.00 ás 14.00 horas.
    Duración: 2 horas lectivas.
    Inscrición: desde as 9 horas do 14 de febreiro ata as 23.59 horas do 17 de febreiro na área de matrícula. 
  • Recursos
  •   Matrícula  
  •   Resolución no DOG  
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 1093 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212