Cursos de prevención de riscos laborais nivel básico
Cursos / Xoves, 16 de Febreiro de 2023.
A Escola Galega de Administración Pública, a través dun convenio de colaboración co Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral, convoca cursos de prevención de riscos laborais en teleformación dixiridos aos/as empregados/as públicos/as, traballadores/as por conta allea ou autónomos/as, empresarios/as e aquelas persoas con inquietudes no ámbito da prevención de riscos laborais.
Modalidade: teleformación.
Duración: 60 horas/edición.
Edicións: tres.
Datas: do 7 de marzo ao 5 de maio de 2023.
Proba final: o día 5 de maio, ás 10.00 horas.
A proba final do curso realizarase de xeito telemático a través da aula virtual.
Prazas: 100 por edición.
Matrícula: desde as 9 horas do 17 de febreiro ata as 23.55 horas do 27 de febreiro na área de matrícula.