Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Convocadas as actividades de formación continua en materia de idiomas

    Cursos / Luns, 20 de Febreiro de 2023.

    A Escola Galega de Administración Pública convoca 55 edicións e 2380 prazas en materia de idiomas para o persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma, das entidades públicas instrumentais, da Administración institucional de Galicia, da Administración de xustiza, das entidades locais e de administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia.


    Requisitos dos/das participantes
    • Poderá participar nas actividades formativas convocadas nesta resolución o persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional de Galicia, da Administración de xustiza, das entidades locais de Galicia e de administración e servizos (PAS) das universidades do SUG.
    • Está exceptuado o persoal docente da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, o persoal das escalas dos corpos da policía de Galicia, policía local e bombeiros, e o persoal do Servizo Galego de Saúde, non entendendo por tal os/as empregados/as públicos/as da escala de saúde pública e Administración sanitaria, creada pola Lei 17/1989, do 23 de outubro, de creación de escalas de persoal sanitario ao servizo da Comunidade Autónoma de Galicia.
    Matrícula: desde as 8 horas do 21 de febreiro ata as 23.55 horas do 1 de marzo na área de matrícula. O número máximo de actividades formativas que se poden solicitar nesta convocatoria limítase a tres. Debido á alta demanda dos cursos de idiomas na modalidade de teleformación, establécense as seguintes limitacións:
    • Cada persoa só poderá solicitar un nivel por cada idioma ofertado na modalidade de teleformación.
    • Non se poderá solicitar o mesmo nivel cursado na anterior convocatoria.
  • Recursos
  •   Matrícula  
  •   Resolución no DOG  
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 1096 de 1239
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212