Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Xornada de formación práctica dixital (E-martes) sobre o uso de certificados dixitais na Xunta de Galicia

    Xornadas / Xoves, 23 de Febreiro de 2023.

    A Escola Galega de Administración Pública, en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, convoca para o próximo 14 de marzo unha xornada que abordará o uso de certificados dixitais na Xunta de Galicia cunha dobre perspectiva: – Uso interno nas administracións públicas: certificados de empregado público, certificados de selo electrónico para actuacións administrativas automatizadas e portasinaturas corporativo. – Cidadanía: sede electrónica da Xunta de Galicia. Proxecto Chave365. Sala electrónica de sinaturas.
     


    Persoas destinatarias:
    • O persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, da Administración autonómica galega, das súas entidades públicas instrumentais e da Administración institucional. Neste grupo de persoas destinatarias priorizarase a inscrición daquelas persoas solicitantes que poidan xustificar debidamente que as súas funcións están directamente relacionadas coa materia impartida.
    • A cidadanía: profesionais e persoas interesadas no manexo das aplicacións descritas na súa relación coa Administración.
    Lugar: Escola Galega de Administración Pública (EGAP), rúa Madrid, 2-4, Santiago de Compostela.
    Data: martes 14 de marzo 
    Horario: de mañá e tarde.
    Duración: 7 horas lectivas.
    Número de prazas: 50
    Inscrición: desde as 9 horas do 24 de febreiro ata as 23.59 horas do 6 de marzo na área de matrícula  
  • Recursos
  •   Matrícula  
  •   Convocatoria no DOG  
  •   Ficha da actividade  
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 1097 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212