Cursos de formación en prevención de riscos laborais: primeiros auxilios, loita contra incendios e evacuación
Cursos / Mércores, 8 de Marzo de 2023.
A Escola Galega de Administración Pública, a través dun convenio de colaboración con Cualtis, S.L.U., convoca cursos en prevención de riscos laborais en Ferrol e na Coruña.
Persoas destinatarias: o persoal dos equipos de alarma e evacuación, de primeira intervención e de primeiros auxilios, así como o persoal que desempeñe a xefatura de emerxencia e/ou primeira intervención dos centros de traballo que aparecen no anexo II da convocatoria.
Acceso ás actividades formativas: o acceso será a través da páxina web da EGAP: (EGAP) <https://egap.xunta.gal> e unha vez dentro haberá que seguir as seguintes instrucións:
-
É preciso estar rexistrado na área de matrícula da EGAP. Para iso ten que premer na icona «área de matrícula» da páxina web da EGAP e rexistrarse premendo en «rexistrar unha conta para acceder ás aplicacións», situada na parte inferior da pantalla (no caso de que o/a traballador/a xa estivese rexistrado/a este paso non será necesario).
-
A EGAP procederá á matriculación do alumnado indicado polo Servizo de Prevención de Riscos Laborais.
-
Unha vez rexistrado/a e matriculado/a poderá acceder ao curso o día do seu comezo.
-
Antes de que comece o curso, o/a titor/a enviaralle un correo electrónico ao alumnado coa guía do curso, que conterá a data de comezo, as instrucións, os obxectivos, o cronograma e o método de avaliación do curso.