Curso para persoal delegado de protección de datos da Xunta de Galicia
Cursos / Xoves, 9 de Marzo de 2023.
A Escola Galega de Administración Pública, a través dun convenio de colaboración subscrito coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, convoca un curso dirixido aos delegados de protección de datos persoais do sector público autonómico e órganos estatutarios da Comunidade Autónoma de Galicia, co obxectivo de que coñezan en profundidade os principais aspectos da protección de datos persoais no ámbito das administracións públicas.
Persoas destinatarias: poderá participar na acción formativa convocada nesta resolución o persoal delegado de protección de datos nomeado (en diante DPD) ou cuxo nomeamento estea previsto a curto prazo, na Administración xeral da Xunta de Galicia, no sector público autonómico e órganos estatutarios. Tamén poderán participar as persoas que formen parte do equipo de apoio aos DPD nos ámbitos anteriormente indicados e outro persoal da Amtega con responsabilidades en materia de protección de datos.
Modalidade: telepresenza
Duración: 16 horas lectivas
Inscrición: desde as 9 horas do 10 de marzo ata as 23.59 horas do 15 de marzo na área de matrícula.