Cursos sobre tecnoloxías da información e da comunicación, administración electrónica e protección de datos
Cursos / Venres, 17 de Marzo de 2023.
A Escola Galega de Administración Pública, en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), convoca 55 edicións e 2742 prazas en materia de tecnoloxías da información e da comunicación (TIC), administración electrónica e protección de datos.
Persoas destinatarias: o persoal ao servizo da administración xeral da comunidade autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da administración institucional, así como o persoal empregado público e persoas que integran as bolsas de interinos dos corpos de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e auxilio xudicial da Administración de Xustiza, dependente da Comunidade Autónoma de Galicia.
Matrícula: desde as 8 horas do 18 de marzo ata as 23.55 horas do 27 de marzo na área de matrícula da EGAP. O número máximo de cursos que se poden solicitar durante o prazo de presentación de solicitudes limítase a tres.