Curso para o persoal veterinario colexiado nos colexios oficiais de veterinarios
A Escola / Luns, 27 de Marzo de 2023.
A Escola Galega de Administración Pública, en colaboración co Colexio Oficial de Veterinarios de Lugo, convoca o curso "Funcións do persoal veterinario de explotación en gandarías de vacún" dirixido ao persoal empregado público veterinario colexiado e o resto de persoal veterinario colexiado.
Obxectivos: funcións do persoal veterinario de explotación en gandarías de vacún. O obxectivo é a formación dos veterinarios para levar a cabo en todos os seus ámbitos o labor do veterinario responsable das gandarías de vacún. Entre as funcións do persoal veterinario de explotación están o plan sanitario, o benestar animal, a xestión ambiental e loita gandeira contra o cambio climático.
Destinatarios/as: o persoal empregado público veterinario e o resto do persoal veterinario colexiado. Terá preferencia o persoal veterinario colexiado no Colexio Oficial de Veterinarios de Lugo.
Modalidade: presencial.
Duración: 28 horas.
Edicións: unha.
Datas: 14, 21 e 28 de abril e 5, 12, 19 e 26 de maio de 2023.
Horario: das 16.00 ás 20.00 horas.
Lugar: salón de actos do Colexio Oficial de Veterinarios de Lugo.
Prazas: 45.
Solicitudes: desde as 9 horas do 28 de marzo ata as 23.55 horas do 3 de abril na área de matrícula da EGAP.