Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Actividades de formación continua en materia de igualdade e violencia de xénero

    Cursos / Martes, 28 de Marzo de 2023.

    A Escola Galega de Administración Pública convoca unha oferta formativa conxunta, dirixida ao persoal ao servizo das administracións territoriais, institucionais e entes públicos instrumentais do sector público da Comunidade Autónoma, ao persoal da Administración de xustiza de Galicia e de administración e servizos (PAS) das tres universidades galegas, en materia de igualdade e prevención da violencia de xénero.


    Poderá participar nas accións formativas convocadas nesta resolución o persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional, da Administración de xustiza de Galicia, das entidades locais de Galicia e o PAS das tres universidades do SUG.

    Está exceptuado o persoal docente da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidade, o persoal das escalas dos corpos da Policía de Galicia, Policía Local e Bombeiros; e o persoal do Servizo Galego de Saúde, non se entenderán por tal os/as empregados/as públicos/as da escala de saúde pública e Administración sanitaria creada pola Lei 17/1989, do 23 de outubro, de creación de escalas de persoal sanitario ao servizo da Comunidade Autónoma de Galicia.

    Matrícula: desde as 8 horas do 29 de marzo ata as 23.55 horas do 4 de abril na área de matrícula da EGAP. 

  • Recursos
  •   Matrícula  
  •   Convocatoria no DOG  
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 1108 de 1224
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212