Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Cursos de formación en prevención de riscos laborais de primeiros auxilios, loita contra incendios e evacuación

    Cursos / Mércores, 29 de Marzo de 2023.

    A EGAP, a través dun convenio de colaboración con Cualtis, S.L.U., convoca cursos de formación en prevención de riscos laborais de primeiros auxilios, loita contra incendios e evacuación dirixidos ao persoal dos equipos de alarma e evacuación, e de primeira intervención e de primeiros auxilios, así como o persoal que desempeñe a xefatura de emerxencia e/ou primeira intervención, do Edificio Administrativo de Lugo.


    Obxectivos: formar os integrantes dos grupos de acción das medidas de emerxencia dos centros de traballo da Xunta de Galicia, segundo sinala a Lei 31/1995, de prevención de riscos laborais, no seu artigo 20.
    Destinatarios/as: persoal dos equipos de alarma e evacuación, e de primeira intervención e de primeiros auxilios, así como o persoal que desempeñe a xefatura de emerxencia e/ou primeira intervención, do Edificio Administrativo de Lugo.
    Modalidade: presencial.
    Duración: 12 horas.
    Prazas: 20.
    Edicións: unha.
    Datas e horario: 19 e 20 de abril, das 9.00 ás 15.00 horas.
    Lugar: salón de actos do Centro Territorial do Issga de Lugo.

  • Recursos
  •   Matrícula  
  •   Convocatoria no DOG  
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 1111 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212