Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Curso superior sobre planificación estratéxica, xestión e comunicación no ámbito da economía pública de Galicia

    Cursos / Xoves, 30 de Marzo de 2023.

    A EGAP, ao abeiro do Instituto de Economía Pública de Galicia, convoca un curso dirixido a dar a coñecer ao persoal directivo e predirectivo da Administración autonómica os principais retos e medidas en materia de planificación estratéxica da economía pública galega, esencial para garantir o desenvolvemento económico sostible e para asegurar que os recursos públicos se utilicen de maneira responsable e eficiente.


    Persoas destinatarias: o persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, do subgrupo A1 da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das súas entidades públicas instrumentais que desempeñe postos directivos (vicesecretarías xerais, subdireccións xerais, secretarías territoriais e xefaturas territoriais), de acordo co establecido na disposición transitoria terceira da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia (DOG núm. 82, do 4 de maio). No caso de non se cubrir a totalidade das prazas convocadas, poderá acceder ás vacantes que resulten o persoal empregado público da devandita categoría que desempeñe postos de xefatura de servizo ou equivalentes.
    Datas: xoves, entre o 13 de abril e o 16 de novembro de 2023, agás o 18 de maio, o 29 de xuño, os meses de xullo e agosto e o 12 de outubro.
    Modalidade: presencial.
    Horario: de tarde, das 17.00 ás 19.00 horas.
    Horas lectivas: 40.
    Lugar: EGAP, rúa Madrid, 2-4, Santiago de Compostela.
    Número de prazas: 70
    Matrícula: desde as 9 horas do 31 de marzo ata as 23.59 horas do 12 de abril na área de matrícula da EGAP.

  • Recursos
  •   Matrícula  
  •   Convocatoria no DOG  
  •   Ficha da actividade  
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 1112 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212