Xornadas O control externo local no exercicio 2022: balance práctico e recomendacións.
Xornadas / Martes, 11 de Abril de 2023.
A Escola Galega de Administración Pública, ao abeiro do Instituto de Economía Pública de Galicia, convoca para os días 20 e 21 de abril as xornadas O control externo local no exercicio 2022: balance práctico e recomendacións. Esta actividade consistirá nunha exposición das funcións básicas do Consello de Contas de Galicia desde a Área de Corporacións Locais, para, a continuación, efectuar exposicións, eminentemente prácticas, dos produtos elaborados no exercicio 2022, as súas conclusións e as principais recomendacións de mellora efectuadas. Esta visión complementarase coa exposición da experiencia doutros órganos autonómicos de control externo e o Tribunal de Contas Europeo.
Persoas destinatarias: o persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, da Administración local de Galicia. No caso de non se cubrir a totalidade das prazas convocadas, poderá acceder ás vacantes que resulten o persoal empregado público da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das súas entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.
Datas: 20 e 21 de abril
Modalidade: presencial.
Horario: de mañá e tarde o día 20 e só de mañá o día 21 de abril.
Horas lectivas: 8.
Lugar: EGAP; rúa Madrid, 2-4, Santiago de Compostela.
Número de prazas: limitado á capacidade do local.
Inscrición: desde as 9 horas do 12 de abril ata as 12 horas do 19 de abril na área de matrícula da EGAP.