Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Curso monográfico A Lei 40/2015 e o exercicio da competencia administrativa: manual para a desconcentración, delegación, avocación, encomenda e suplencia

    Cursos / Mércores, 12 de Abril de 2023.

    A Escola Galega de Administración Pública convoca para os días 26 e 27 de abril un curso monográfico cos obxectivos de estudar os elementos que integran a competencia administrativa, analizar as distintas figuras de modulación competencial e o seu réxime xurídico e examinar os vicios que poden afectar o acto, derivados dun defecto competencial, e as súas consecuencias.


    Persoas destinatarias: o persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, dos subgrupos A1 e A2 da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das súas entidades públicas instrumentais e da Administración institucional, así como das universidades do Sistema universitario de Galicia.
    Datas: 26 e 27 de abril de 2023.
    Modalidade: presencial.
    Horario: mañá e tarde o día 26 e só de mañá o día 27.
    Horas lectivas: 12.
    Lugar: EGAP; rúa Madrid, 2-4, Santiago de Compostela.
    Número de prazas: 70
    Inscrición: desde as 9 horas do 13 de abril ata as 23.59 horas do 20 de abril na área de matrícula da EGAP
  • Recursos
  •   Matrícula  
  •   Convocatoria no DOG  
  •   Ficha da actividade  
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 1114 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212