Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Curso superior en ciberseguridade

    Cursos / Venres, 14 de Abril de 2023.

    A Escola Galega de Administración Pública, en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, convoca un curso superior en ciberseguridade dirixido a afondar no coñecemento desta materia, tanto desde unha perspectiva técnico-xurídica como desde unha perspectiva práctica.


    Obxectivos do curso:
    • Concienciar o alumnado sobre a relevancia da ciberseguridade desde todos os ámbitos, desde a perspectiva normativa á técnica e, así mesmo, dotalo das boas prácticas precisas para previr e detectar contratempos no emprego de sistemas das tecnoloxías da información e da comunicación (TIC).
    • Dar a coñecer os aspectos relacionados coas políticas de seguridade na utilización dos medios electrónicos, que se recollen no Esquema nacional de seguridade (ENS).
    • Proporcionar ao alumnado unha visión global da seguridade dos sistemas de información, das súas vulnerabilidades, das ameazas a que están sometidos e dos riscos que comporta o seu uso.
    Persoas destinatarias: o persoal empregado público da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das súas entidades públicas instrumentais e da Administración institucional; da Administración local e das universidades do Sistema universitario de Galicia, sempre que teña perfil en tecnoloxías da información e das comunicacións (pertencente a escalas de sistemas e tecnoloxías da información ou que realice funcións TIC) e que poida xustificar debidamente que as súas funcións están relacionadas coa materia impartida e que se encadren nas seguintes categorías:
    • Grupo A (subgrupos A1 e A2) do persoal funcionario.
    • Grupos I e II do persoal laboral.
    Duración: 99 horas lectivas (3 horas presenciais, 30 horas de telepresenza, 65 horas de teleformación e 1 hora de exame final en liña)
    Datas: o curso desenvolverase desde o 25 de abril de 2023 ata o 21 de xuño de 2023:
    • A xornada inaugural presencial terá lugar o 25 de abril de 2023, en horario de tarde. 
    • As clases de telepresenza desenvolveranse en horario de tarde os días: 26 de abril; 3, 8, 10, 16, 22, 24 e 31 de maio; e 7 e 14 de xuño de 2023.
    • O exame final en liña será o día 21 de xuño de 2023, en horario de tarde.
    Inscrición: desde as 9 horas do 17 de abril ata as 23.59 horas do 19 de abril na área de matrícula da EGAP.
  • Recursos
  •   Matrícula  
  •   Convocatoria no DOG  
  •   Ficha da actividade  
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 1115 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212