Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Webinarios Boas prácticas na xestión pública. Mellora regulatoria e regulación intelixente: instrumentos de simplificación e redución de cargas administrativas para a dinamización económica

    Cursos / Venres, 21 de Abril de 2023.

    A Escola Galega de Administración Pública, en colaboración coa Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, convoca tres actividades en telepresenza sobre Boas prácticas na xestión pública. Mellora regulatoria e regulación intelixente: instrumentos de simplificación e redución de cargas administrativas para a dinamización económica.


    Obxectivos: analizar o contexto normativo, de funcionamento e organizativo existente na actualidade para aplicar as mellores prácticas na xestión pública orientada á reactivación económica, cun enfoque práctico e aplicativo. Ao longo do presente ciclo examinaranse as principais liñas de simplificación e redución de cargas administrativas, as posibilidades que ofrece o marco regulatorio autonómico e o papel que poden desenvolver as entidades locais no proceso, dando a coñecer as iniciativas máis destacadas para o aliñamento na actuación das distintas administracións con competencias na materia.
    Contidos e datas:
    • Webinario 1. Simplificación administrativa e revisión crítica dos procedementos de xestión (8 de maio)
    • Webinario 2. Medios de intervención nas actividades de servizos e a súa interacción co urbanismo (22 de maio)
    • Webinario 3. Boas prácticas regulatorias e triple test para a supresión de barreiras ás actividades de servizos: obrigas legais (29 de maio)
    Horario: de 9 a 11 horas
    Persoas destinatarias: o persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, da Administración autonómica galega, das súas entidades públicas instrumentais e da Administración institucional, así como ao persoal empregado público da Administración local de Galicia.
    Prazas: 100 para cada webinario
    Inscrición: na área de matrícula da EGAP nas seguintes datas:
    • Webinario 1: das 9 horas do 24 de abril ás 23.59 horas do 2 de maio.
    • Webinario 2: das 9 horas do 24 de abril ás 23.59 horas do 15 de maio.
    • Webinario 3: das 9 horas do 24 de abril ás 23.59 horas do 24 de maio.



  • Recursos
  •   Matrícula  
  •   Convocatoria no DOG  
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 1116 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212