Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    A Xunta forma ao persoal das administracións galegas para incrementar a seguridade dos sistemas informáticos

    A Escola / Martes, 25 de Abril de 2023.

    Un total de 70 persoas empregadas públicas nas administracións autonómica e locais e nas universidades de Galicia, participan dende hoxe na Escola Galega de Administración Pública (EGAP) na terceira edición do curso superior de ciberseguridade. 


    Un total de 70 persoas empregadas públicas nas administracións autonómica e locais e nas universidades de Galicia, participan dende hoxe na Escola Galega de Administración Pública (EGAP) na terceira edición do curso superior de ciberseguridade.

    O curso foi inaugurado este serán pola directora da EGAP, Sonia Rodríguez-Campos; o director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, Julián Cerviño; o xefe da Área de Normativa e Servizos de Ciberseguridade do Centro Criptolóxico Nacional (CCN), Pablo López; e o director do curso, Gustavo Herva.

    O programa formativo, de 99 horas lectivas, está organizado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, en colaboración co CCN e a EGAP. Como xa sucedera en edicións anteriores, a demanda de inscricións foi moi superior ao número de prazas ofertadas.

    Neste sentido, Julián Cerviño destacou o alto grao de satisfacción amosado polas persoas que participaron nas edicións anteriores, que avaliaron as clases telepresenciais cun 4,62 sobre 5. O director da axencia autonómica destacou que os contidos do curso están aliñados coas necesidades actuais no ámbito da ciberseguridade en Galicia, en España e en Europa.

    Pola súa banda, a directora da EGAP destacou a importancia da formación no eido dixital para o persoal público, xa que a pesar de que existen medidas de protección fronte ás ameazas cada día xorden novas vulnerabilidades que supoñen importantes retos de seguridade.

    Ademais, a directora da Escola lembrou a necesidade de ofrecer unha formación específica ao persoal empregado público que realice funcións TIC ante a extensión da administración electrónica e o incremento dos ataques informáticos.

    O curso proporcionará ás persoas empregadas públicas unha visión global da seguridade dos sistemas de información, das súas vulnerabilidades, das ameazas e dos riscos que comporta o seu uso, ao tempo que ofrece unha guía de boas prácticas para afrontar a xestión destas situacións.

    Os últimos datos indican que do total de infraccións penais rexistradas ao longo de 2022, o 20% foron estafas a través de medios telemáticos. Esta porcentaxe representa unha cifra da case 19.000 delitos deste tipo. 
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 1117 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212