Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Xornada de formación práctica dixital (E-martes) sobre o Rexistro Electrónico na Xunta de Galicia

    A Escola / Martes, 2 de Maio de 2023.

    En colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e no marco da iniciativa Universo EGAP Innova, a EGAP convoca unha nova xornada de formación práctica dixital (E-martes) sobre o Rexistro Electrónico na Xunta de Galicia que terá lugar o 9 de maio.


    Persoas destinatarias:
    • O persoal empregado público en situación de servizo activo ou asimilada da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, dos seus entes públicos instrumentais e da Administración institucional. Neste grupo de persoas destinatarias priorizarase a inscrición daquelas persoas solicitantes que poidan xustificar debidamente que as súas funcións están directamente relacionadas coa materia impartida.
    • A cidadanía: profesionais e persoas interesadas na materia impartida.
    Lugar: Escola Galega de Administración Pública (EGAP), rúa Madrid, 2-4, Santiago de Compostela.
    Data: o martes 9 de maio
    Horario: de mañá e tarde
    Duración: 7 horas lectivas
    Número de prazas: 45
    Matrícula: desde as 9.00 horas do 3 de maio ata as 23.59 horas do día 4 de maio na área de matrícula da EGAP. 
  • Recursos
  •   Matrícula  
  •   Convocatoria no DOG  
  •   Ficha da xornada  
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 1119 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212