Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Cumprimento do principio de DNSH na xestión de fondos europeos

    Cursos / Xoves, 4 de Maio de 2023.

    A Escola Galega de Administración Pública, ao abeiro do Instituto de Economía Pública, convoca o curso Cumprimento do principio de DNSH na xestión de fondos europeos, que ten como obxectivo formar ao persoal xestor de fondos europeos Feder e MRR na normativa específica para a aplicación do principio de non causar un dano significativo ao ambiente (DNSH).


    Persoas destinatarias: o persoal empregado público ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional; das entidades locais de Galicia, e o PAS das tres universidades do Sistema universitario de Galicia, en situación de servizo activo ou asimilada, e que desempeñen funcións relacionadas coa xestión de fondos europeos.
    Datas e horario: 23 de maio, das 12.00 ás 14.00 horas; 25 e 30 de maio, das 10.00 ás 14.00 horas; 1 e 6 de xuño, das 10.00 ás 14.00 horas.
    Proba final: 6 de xuño ás 13.30 horas.
    Modalidade: presencial.
    Horas lectivas: 18.
    Lugar: EGAP, rúa Madrid, 2-4, Santiago de Compostela.
    Prazas: 30
    Matrícula: desde as 9 horas do 5 de maio ata as 23.59 horas do 12 de maio. 
  • Recursos
  •   Matrícula  
  •   Convocatoria no DOG  
  •   Ficha da actividade  
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 1120 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212