Actos de conmemoración do Día das Letras Galegas
          
          Xornadas / Xoves,  4 de Maio de 2023.
          
          A Real Academia Galega dedícalle o Día das Letras Galegas de 2023 ao tradutor, novelista, historiador, xornalista, ensaísta e editor Francisco Fernández del Riego (1913-2010). A EGAP, como institución pública galega, súmase á súa homenaxe organizando un acto literario que terá lugar o 12 de maio, así como unha viaxe de interese cultural o 17 de maio.
          Persoas destinatarias: 
	- 
		No acto literario e conmemorativo poderá participar calquera persoa interesada ata completar a capacidade.
- 
		Á viaxe cultural terá acceso só o persoal empregado público ao servizo de calquera das administracións públicas de Galicia (ata 50 prazas). No caso de presentárense máis solicitudes que prazas, terá preferencia o persoal ao servizo da Administración da Xunta de Galicia.
Desenvolvemento:
	- 
		O día 12 de maio, ás 12.30 horas, no salón de actos da EGAP, terá lugar un acto literario e conmemorativo. Na homenaxe a Francisco Fernández del Riego participará Ramón Nicolás Rodríguez, profesor, crítico literario, tradutor e escritor galego, e terá lugar unha interpretación musical a cargo de Emilio Rúa.
- 
		O día 17 de maio realizarase unha viaxe de interese cultural polos escenarios onde transcorreu unha boa parte da vida de Francisco Fernández del Riego.
Inscrición: o prazo estará aberto desde o 5 de maio ata as 23.59 horas do 11 de maio.  
	- 
		As persoas interesadas en participar no acto literario deberán formalizar a súa inscrición a través da área de matrícula da EGAP 
- 
		Unha vez formalizada a inscrición, as persoas interesadas en participar na viaxe cultural deberán, ademais, enviar un correo electrónico a novas.egap@xunta.gal, no que debe indicarse o nome, apelidos e datos de contacto, así como o seu vínculo de pertenza a calquera das administracións públicas de Galicia.