Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    A Xunta enxalza a figura de Franciso Fernández del Riego e destaca o seu importante legado na nosa cultura

    A Escola / Venres, 12 de Maio de 2023.

    A Escola Galega de Administración Pública celebrou esta mañá o acto conmemorativo do Día das Letras Galegas en homenaxe ao tradutor, novelista, historiador, xornalista, ensaísta e editor Francisco Fernández del Riego.


    No acto participou a directora da Escola, Sonia Rodríguez-Campos, a cal resaltou o importante legado de Fernández del Riego na nosa cultura a través do seu activismo en defensa da lingua e da súa participación en momentos claves para o galego, coma a fundación da Editorial Galaxia ou a creación do Día das Letras Galegas.

    Ademais, durante a xornada leváronse a cabo diversas actividades para dar a coñecer a biografía de Fernández del Riego coma a proxección dun vídeo homenaxe e a conferencia “Vida e obra dun obreiro do galeguismo” pronunciada polo escritor Ramón Nicolás Rodríguez. Os actos completáronse cunha actuación musical a cargo do cantautor Emilio Rúa e coa entrega de galardóns ás rapazas premiadas no concurso de literatura infantil e xuvenil do Día das Letras Galegas convocado pola EGAP.

    Mostra de arte
    Co gallo do Día das Letras Galegas, a Escola tamén inaugurou unha mostra de arte do pintor pontevedrés Xaime Falcón conformada por nove óleos que reflicten escenas da vida cotiá galega máis tradicional. Esta colección poderá visitarse na sala de exposicións da Escola ata o 30 de xuño.

    Viaxe cultural
    As actividades convocadas pola Escola para esta efeméride completaranse coa xa tradicional viaxe cultural para o persoal empregado público que terá lugar o 17 de maio e que percorrerá algúns dos escenarios onde transcorreu a vida de Francisco Fernández del Riego.

  •   Anterior Seguinte  
    Pax 1124 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212