Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Cursos de linguaxe xurídica galega para o persoal ao servizo da Administración de xustiza que preste servizos fóra de Galicia

    Cursos / Luns, 15 de Maio de 2023.

    A Escola Galega de Administración pública convoca, en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, un curso superior e un curso medio de linguaxe xurídica galega na modalidade de teleformación. Ambas as actividades van dirixidas ao persoal ao servizo da Administración de xustiza que preste servizos fóra da Comunidade Autónoma de Galicia.


    Persoal destinatario: maxistrados/as, xuíces, fiscais, secretarios/as xudiciais, médicos/as forenses, funcionarios/as dos corpos de xestión procesual e administrativa, de tramitación procesual e administrativa e de auxilio xudicial que na data desta resolución estean en situación de servizo activo fóra da Comunidade Autónoma de Galicia.
    Requisitos: é necesario ter validado ou superado, na data de publicación desta resolución, algún dos cursos que se indican a seguir:
    • Para optar ao curso superior: O curso medio de linguaxe xurídica galega, ou o curso medio de linguaxe administrativa galega ou calquera dos cursos equivalentes a estes que se establecen no artigo 5.2 da Orde do 13 de xuño de 2011 pola que se regulan os cursos de linguaxe administrativa e xurídica galegas (DOG núm. 121, do 24 de xuño).
    • Para optar ao curso medio: O Celga 4, ou os cursos de iniciación e perfeccionamento de lingua galega, ou o curso básico de linguaxe administrativa galega, ou o curso básico de linguaxe xurídica ou o curso básico de linguaxe administrativa sanitaria, segundo se establece no artigo 3.4 da Orde do 13 de xuño de 2011 pola que se regulan os cursos de linguaxe administrativa e xurídica galegas (DOG núm. 121, do 24 de xuño).
    Matrícula: desde as 8 horas do 16 de maio ata as 14 horas do 26 de maio na área de matrícula da EGAP. 
  • Recursos
  •   Matrícula  
  •   Convocatoria no DOG  
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 1125 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212