Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    A EGAP analiza as consecuencias xurídico-administrativas da pandemia para mellorar a resposta a futuras crises

    Cursos / Xoves, 25 de Maio de 2023.

    A Escola Galega de Administración Pública analiza nun curso monográfico celebrado en Santiago de Compostela as consecuencias xurídico-administrativas da pandemia co obxecto de mellorar a resposta a futuras crises. 


    Durante dous días, expertos na materia abordarán as diferentes medidas adoptadas para afrontar a situación de emerxencia ocasionada pola COVID-19, entre as que destacan o decreto de estado de alarma, a restrición de dereitos e liberdades e a adaptación da actividade contractual á situación de emerxencia. Neste ámbito, estudaranse casos de responsabilidade patrimonial da Administración ante danos sufridos, así como a coordinación entre o Estado e as comunidades autónomas no marco dun Estado descentralizado con distribución de competencias.

    No acto de inauguración do curso participou a directora da Escola, Sonia Rodríguez-Campos, a cal resaltou o incuestionable valor do dereito público na xestión da crise sanitaria, aínda que recoñeceu o forte debate sobre a legalidade e a proporcionalidade das medidas adoptadas durante a pandemia. Por este motivo, engadiu, cómpre abrir un debate neste ámbito coa finalidade de estar preparados para resolver as futuras crises do noso país.

    Este curso monográfico reunirá entre hoxe e mañá na Escola a Juan José Lavilla e Ignacio Astarloa, letrados das Cortes Xerais; a Carmen Mª Salgueiro, letrada da Xunta de Galicia e do Consello Consultivo de Galicia; a Mercedes Fuertes, catedrática de Dereito Administrativo da Universidade de León, a Federico Montalvo, vicerreitor de Relacións Institucionais e secretario xeral da Universidade Pontificia de Comillas, e a Francisco Pueyo, presidente da Sala do contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Navarra. 
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 1130 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212