Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Curso superior de Administración electrónica

    Cursos / Martes, 13 de Xuño de 2023.

    A Escola Galega de Administración Pública e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia convocan unha nova edición do curso superior de Administración electrónica coa finalidade de tratar a materia desde unha tripla perspectiva: xurídica, técnica e práctica. 


    Obxectivos do curso:
    • Concienciar o alumnado sobre a importancia que ten a implantación da Administración electrónica nas distintas administracións da nosa comunidade.
    • Proporcionar coñecementos teóricos e prácticos de informática e do réxime xurídico da administración dixital.
    Número de prazas: 70
    Persoas destinatarias: o persoal empregado público en situación de servizo activo ou asimilada, da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das súas entidades públicas instrumentais e da Administración institucional, que se encadren nas seguintes categorías:
    • Grupo A (subgrupos A1 e A2) do persoal funcionario.
    • Grupos I e II do persoal laboral.
    No caso de non se cubrir a totalidade das prazas convocadas, ás vacantes que resulten poderá acceder o persoal empregado público das ditas categorías, en situación de servizo activo ou asimilada, da Administración local e da Administración de xustiza.
    Datas: o curso desenvolverase desde o 12 de setembro ata o 24 de outubro de 2023.
    Lugar: Escola Galega de Administración Pública (EGAP); rúa Madrid, 2-4. Santiago de Compostela.
    Duración: 114 horas lectivas, 30 horas de clases prácticas presenciais e 84 de teleformación. As clases prácticas presenciais desenvolveranse os días 12, 19 e 26 de setembro; 3 e 10 de outubro de 2023.
    Horario das clases presenciais: das 11.00 ás 14.00 horas e das 16.00 ás 19.00 horas. A proba final en liña será o último día do curso, 24 de outubro, na aula virtual da EGAP.
    Matrícula: desde as 9.00 horas do 14 de xuño ata as 23.59 horas do día 30 de xuño. 
  • Recursos
  •   Matrícula  
  •   Convocatoria no DOG  
  •   Ficha da actividade  
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 1131 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212