A Escola convoca 12.400 prazas distribuídas nas 62 materias correspondentes ao programa de autoformación, dirixido ao persoal ao servizo das administracións territoriais, institucionais e entes públicos instrumentais do sector público da Comunidade Autónoma, así como para o persoal da Administración de xustiza de Galicia e de administración e servizos (PAS) das tres universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG)
Acceso aos contidos
O acceso aos contidos poderá solicitarse, a través da área de matrícula, desde o 1 de xullo ata o 28 de decembro.
Cada persoa determinará libremente o número de contidos nos que queira inscribirse e o período durante o cal vai traballar na actividade ou actividades do programa de autoformación elixidas.
O acceso aos contidos non implica a obriga de presentarse ás probas de avaliación nin dá dereito á expedición dun diploma.
Probas de avaliación
Teñen a finalidade de acreditar a competencia nas materias convocadas mediante un exame e conseguir un certificado de equivalencia.
Matrícula: desde as 8 horas do 20 de xuño ata as 23.55 horas do 30 de xuño
O número máximo de probas de avaliación das actividades do programa de autoformación que se poden solicitar limítase a cinco.
Información sobre o funcionamento do programa de autoformación da EGAP
aquí.