Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Convocados os cursos do Plan de formación do Servizo Público de Emprego de Galicia do ano 2023

    Cursos / Luns, 19 de Xuño de 2023.

    A Escola Galega de Administración Pública, a través dun convenio coa Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, convoca os cursos do Plan anual 2023 para o persoal do Servizo Público de Emprego de Galicia que forma parte do proxecto Plan de dormación permanente para o persoal do SNE (2021-2023), financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.


    Persoal destinatario: o persoal funcionario e laboral das oficinas de emprego, da Dirección Xeral de Formación para o Emprego e Orientación, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, da Dirección Xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego, da Secretaría Xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, así como o persoal da área de emprego das xefaturas territoriais da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, que estea en situación de servizo activo (incluído o persoal que teña concedido un permiso por motivos de conciliación da vida persoal, familiar e laboral).
    Solicitudes e prazos: desde as 9 horas do 20 de xuño ata as 23.55 horas do 27 de xuño na área de matrícula da EGAP. O número máximo de cursos que se poden solicitar durante o prazo de presentación de solicitudes limítase a tres.

  • Recursos
  •   Matrícula  
  •   Convocatoria no DOG  
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 1133 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212