Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Taller práctico sobre elaboración e aplicación de quendas de traballo en centros de xestión propia da Consellería de Política Social e Xuventude

    Cursos / Venres, 29 de Setembro de 2023.

    A Escola Galega de Administración Pública, ao abeiro do Instituto de Economía Pública de Galicia, convoca un taller práctico sobre elaboración e aplicación de quendas de traballo en centros de xestión propia da Consellería de Política Social e Xuventude coa finalidade de analizar a incidencia da normativa sectorial en materia de servizos sociais na xestión dos recursos humanos, alén do novo acordo sobre as condicións de traballo do persoal dos centros de xestión propia así como impartir formación práctica para a elaboración das carteleiras adaptadas ás novas condicións laborais do persoal a quendas.


    Persoas destinatarias: 
    • Persoal directivo dos centros residenciais de xestión propia da Consellería de Política Social e Xuventude (Centros de atención a maiores, persoas con discapacidade e menores).
    • Persoal dos centros residenciais de xestión propia da Consellería de Política Social e Xuventude encargadas da elaboración, o desenvolvemento e o control sobre as quendas de traballo.
    • Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia con funcións directivas, de xestión, ou de control sobre as políticas de persoal dos centros de atención residencial.
    Datas: 10, 11, 17, 18, 24 e 25 de outubro de 2023.
    Modalidade: presencial.
    Horario: das 10:00 ás 14.00 horas.
    Horas lectivas: 24.
    Lugar: Salón de Actos do Centro Galego de Desenvolvemento Integral (CEGADI). Rúa Queixume dos Pinos, 2; Salgueiriños. Santiago de Compostela.
    Prazas: 75
    Inscrición: desde as 09:00 horas do 2 de outubro ata as 23:59 horas do día 5 de outubro de 2023

  • Recursos
  •   Matrícula  
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 1154 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212