Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    A vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e a directora da EGAP participan nunha xornada sobre o réxime xurídico da enerxía eólica

    Xornadas / Xoves, 21 de Setembro de 2023.

    A xornada sobre o Réxime xurídico da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia: perspectiva xurisdicional e administrativa, na que hoxe participou a vicepresidenta segunda, acompañada pola directora da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), Sonia Rodríguez-Campos, ten o obxectivo de proporcionar unha visión global do réxime xurídico do sector eólico en Galicia.


    A Xunta de Galicia reiterou durante a inauguración da actividade a súa aposta por un desenvolvemento eólico ordenado e compatible co medio ambiente a través dunha avaliación ambiental garantista, transparente e rigorosa que impide que saian adiante iniciativas que poidan producir danos significativos á contorna.

    Nesa liña, a vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, incidiu hoxe en que o Goberno galego garante a total compatibilidade das iniciativas empresariais coa conservación do noso patrimonio natural. Este compromiso reflíctese no feito de que nun 77,5% do territorio galego non poden instalarse proxectos eólicos por motivos medioambientais.

    A maiores, a conselleira agradeceu o esforzo realizado por parte do persoal da Xunta de Galicia para tramitar un alto volume de proxectos no pouco tempo imposto por parte do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico. Cómpre lembrar que das case 120 declaracións de impacto ambiental tramitadas, un terzo foron negativas e moitas das positivas incluíron numerosos condicionantes de tipo ambiental de obrigado cumprimento.

    Pola súa banda, a directora da EGAP destacou a boa acollida da xornada por parte do persoal empregado público das diferentes administracións galegas. Ademais, incidiu na relevancia e na complexidade da materia tratada na actividade formativa, a cal ofrece unha visión global do réxime xurídico da enerxía eólica tanto desde unha perspectiva xurisdicional, nos ámbitos constitucional e contencioso-administrativo, coma desde a perspectiva procedemental, con especial fincapé nos aspectos ambientais. 
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 1153 de 1239
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212