Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Curso superior sobre o Plan Xeral de Contabilidade

    Cursos / Xoves, 19 de Outubro de 2023.

    A Escola Galega de Administración Pública, ao abeiro do Instituto de Economía Pública de Galicia, convoca un Curso superior sobre o Plan Xeral de Contabilidade que terá lugar en modalidade mixta (presencial e teleformación) entre o 30 de outubro e o 4 de decembro.


    Obxectivos: adquirir ou, se é o caso, actualizar os coñecementos do alumnado no Plan Xeral de Contabilidade, prestando especial atención ás normas de rexistro e valoración.
    Persoas destinatarias: o persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das súas entidades públicas instrumentais e da Administración institucional; das entidades locais de Galicia; e das universidades do Sistema universitario de Galicia, con coñecementos básicos de contabilidade, que se encadre nalgunha das seguintes categorías: Grupo A (subgrupos A1 e A2) do persoal funcionario e grupos I e II do persoal laboral.
    Modalidade de impartición: mixta.
    Duración: 40 horas lectivas; 3 horas presenciais (das 11.30 ás 14.30 horas) no primeiro día do curso e 37 horas de teleformación.
    Datas: do 30 de outubro ao 4 de decembro de 2023.
    Proba de avaliación final en liña: o día 4 de decembro de 2023, ás 17.00 horas.
    Prazas: 50
    Matrícula: desde as 9 horas do 20 de outubro ata as 23.59 horas do 25 de outubro na área de matrícula. 

  • Recursos
  •   Matrícula  
  •   Convocatoria no DOG  
  •   Ficha da actividade  
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 1160 de 1213
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212