Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Webinario Responsabilidade patrimonial e COVID-19

    Xornadas / Mércores, 25 de Outubro de 2023.

    No marco do ciclo de conferencias Cuestións de actualidade no ámbito da Administración pública, da súa organización e do seu funcionamento, a Escola Galega de Administración Pública convoca un webinario sobre Responsabilidade patrimonial e COVID-19 que terá lugar o día 15 de novembro baixo a modalidade de telepresenza.


    O obxectivo principal deste webinario é abordar a responsabilidade patrimonial por danos como consecuencia das medidas administrativas impostas durante a COVID-19, partindo do seguinte esquema previo:
    1. Ideas preliminares sobre a responsabilidade patrimonial por danos como consecuencia das medidas administrativas impostas durante a COVID-19.
    2. Imputación subxectiva do dano causado e relación de causalidade.
    3. Danos que o/a particular non teña o deber de soportar: antixuridicidade do dano.
    4. Cuantificación do dano, por referencia ás ditas actividades e ás ditas disposicións.
    Persoas destinatarias: o persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, da Administración autonómica galega, das súas entidades públicas instrumentais e da Administración institucional; da Administración local, da Administración de xustiza e das universidades do Sistema universitario de Galicia.
    Data: mércores 15 de novembro de 2023.
    Modo de impartición: telepresenza.
    Horario: das 12.00 ás 14.00 horas.
    Duración: dúas (2) horas lectivas.
    Prazas: 100
    Inscrición: desde as 9.00 horas do 26 de outubro ata as 23.59 horas do día 9 de novembro na área de matrícula da EGAP.
  • Recursos
  •   Matrícula  
  •   Convocatoria no DOG  
  •   Ficha da actividade  
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 1161 de 1213
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212