Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    A EGAP forma ao persoal empregado público en materia de contabilidade

    A Escola / Luns, 30 de Outubro de 2023.

    A Escola Galega de Administración Pública iniciou esta mañá o curso superior sobre o Plan Xeral de Contabilidade, ao que asistiron 50 alumnas e alumnos. 


    Esta actividade foi inaugurada pola directora da Escola, Sonia Rodríguez-Campos, a cal durante a súa intervención destacou a contabilidade como unha ferramenta clave nas administracións, xa que sirve de apoio na toma de decisións, incrementa a transparencia e, en consecuencia, contribúe tanto a mellorar a calidade dos servizos coma a cumprir coas crecentes esixencias de eficiencia e eficacia.

    Ademais, Sonia Rodríguez-Campos lembrou que esta actividade, convocada ao abeiro do Instituto de Economía Pública de Galicia, está aliñada co obxectivo da Escola de ampliar as actividades nesta área, non só en número de cursos senón tamén na variedade de contidos, coa finalidade de ofrecer unha maior especialización e ser un soporte fundamental para as novidades que vaian xurdindo na economía pública de Galicia.

    O curso superior iniciado hoxe formará ao longo de cinco semanas, a través de sesións presenciais e teleformación eminentemente prácticas, ao persoal empregado público nas características do Plan Xeral de Contabilidade, facendo fincapé en aspectos tales como as contas anuais, os instrumentos financeiros, os impostos ou as subvencións, entre outros.  
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 1163 de 1224
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212