Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Webinario A Lei 4/2023, do 6 de xullo, de ordenación e xestión integrada do litoral de Galicia

    Xornadas / Xoves, 2 de Novembro de 2023.

    A Escola Galega de Administración Pública convoca, no marco do Ciclo de conferencias sobre novidades lexislativas no ámbito autonómico, o webinario A Lei 4/2023, do 6 de xullo, de ordenación e xestión integrada do litoral de Galicia, que terá lugar o próximo 16 de novembro. 


    Obxectivo e contido: dar a coñecer a recente Lei 4/2023, do 6 de xullo, de ordenación e xestión integrada do litoral de Galicia e a súa inserción no marco xurídico estatal e autonómico. Así mesmo, explicarase o proceso de elaboración, as causas que motivaron a súa aprobación e os obxectivos e principais ideas forza que inspiran a citada norma.
    Persoas destinatarias: o persoal empregado público en situación de servizo activo ou asimilada da Administración autonómica galega, das súas entidades públicas instrumentais e da Administración institucional, así como ao persoal empregado público da Administración local de Galicia.
    Daráselles prioridade na selección ás persoas solicitantes que poidan xustificar debidamente que as funcións que desempeñan no seu posto de traballo están directamente relacionadas co contido do webinario.
    Data: xoves 16 de novembro de 2023.
    Modalidade: telepresenza.
    Horario: das 12.00 ás 13.00 horas.
    Duración: 1 hora lectiva.

  • Recursos
  •   Matrícula  
  •   Convocatoria no DOG  
  •   Ficha da actividade  
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 1164 de 1230
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212