Xornada de formación práctica dixital (E-martes) sobre o uso de certificados dixitais na Xunta de Galicia
Xornadas / Luns, 6 de Novembro de 2023.
A Escola Galega de Administración Pública convoca, en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e no marco da iniciativa Universo EGAP Innova, unha nova xornada de formación práctica dixital que terá lugar o próximo 14 de novembro.
Persoas destinatarias:
-
O persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, da Administración autonómica galega, das súas entidades públicas instrumentais e da Administración institucional. Neste grupo de persoas destinatarias priorizarase a inscrición daquelas persoas solicitantes que poidan xustificar debidamente que as súas funcións están directamente relacionadas coa materia impartida.
-
A cidadanía: profesionais e persoas interesadas no manexo das aplicacións descritas na súa relación coa Administración.
Lugar: EGAP, rúa Madrid, 2-4. Santiago de Compostela
Data: martes, 14 de novembro
Horario: mañá e tarde
Duración: 7 horas lectivas
Prazas: 50
Matrícula: dispoñible das 9 horas do 7 de novembro ata as 23.55 horas do 9 de novembro