Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Unha función pública estratéxica: o teletraballo na Administración autonómica. Análise xurídico-administrativa

    Xornadas / Luns, 13 de Novembro de 2023.

    Este webinario pretende analizar a singularidade do teletraballo no sector público e as múltiples implicacións que ten desenvolvelo no marco da organización administrativa. Para iso, ademais de realizar unha extensa análise histórica e doutrinal sobre o seu desenvolvemento, evolución e relación coa administración electrónica, realizarase un estudo comparado entre as lexislacións dalgúns países da nosa contorna como Alemaña, Estados Unidos, Francia, Italia, Portugal ou Reino Unido. Por último, analizarase a lexislación e a xurisprudencia europea, estatal e autonómica sobre a materia, describindo o seu réxime xurídico e identificando as súas necesidades de mellora e evolución futura.


    Persoas destinatarias: o persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, da Administración autonómica galega, das súas entidades públicas instrumentais e da Administración institucional; da Administración local, da Administración de xustiza e das universidades do Sistema universitario de Galicia, con preferencia para o persoal que realice funcións relacionadas co contido do curso.
    Data: 30 de novembro de 2023.
    Modo de impartición: telepresenza.
    Horario: das 12.00 ás 14.00 horas.
    Duración: 2 horas lectivas.
    Número de prazas: 100
    Inscrición: desde as 9 horas do 14 de novembro ata as 23.59 horas do 23 de novembro na área de matrícula
  • Recursos
  •   Matrícula  
  •   Convocatoria no DOG  
  •   Ficha da actividade  
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 1166 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212